Que facemos
As principais funcións da Federación Galega son:
a) Actuar como órgano de consulta e colaboración coa Administración na defensa e promoción do sector, e en materias de xestión e ordenación pesqueira.
b) Representa-las federacións e confrarías de pescadores que a integran, naquelas materias obxecto do seu ámbito de actuación.
c) Xestionar e coordina-los intereses comúns das confrarías.
A Federación Galega presta servicios de tipo administrativo e de información sectorial, así como propostas de normativa e participación en proxectos e órganos consultivos.
As principais tarefas administrativas son as de manter informadas ás confrarías mediante a emisión de circulares (máis de 200 ó ano), a tramitación dos cambios temporais de modalidade (máis de 1.400 ó ano) así como o rexistro de entrada e saída de documentos, cun volumen de máis de 4.000 documentos recibidos e máis de 1.800 emitidos no ano.
A información e tramitación sectorial e normativa ten que ver coa función de actuar cómo órgano de consulta e colaboración coa Administración. Participamos como interlocutor de toda a normativa pesqueira que se tramita nas Administracións Públicas e damos participación ás Confrarías na fase de audiencia pública.
Como complemento desta información tes a disposición a “Memoria anual completa de actividades da FG”, que foi aprobada na Xunta Xeral Ordinaria do 16 de xuño de 2021 como INFORME DE XESTIÓN 2020, último exercicio aprobado.