benvida
A Federación Galega de Confrarías é unha corporación de dereito público constituída no ano 2004 que aglutina ó sector pesqueiro galego integrado nas confrarías de pescadores. Ainda que tódolos subsectores da pesca están integrados nas confrarías, destaca sobre todo o marisqueo e a pesca costeira artesanal e da baixura.
A importancia do sector pesqueiro e marisqueiro galego na dimensión socioeconómica de Galicia é claro. Máis de 12.500 persoas e 4.500 embarcacións faenan na extracción de peixes e mariscos, que anualmente supoñen uns 180 millóns de kgs en primeira venta en lonxa e que xeran uns 440 millóns de euros de facturación, representando máis do 40% de España e do 15% de toda a Unión Europea.
No cadro adxunto vemos os datos totais dos últimos anos:
DATOS XERAIS VENTAS NAS LONXAS PESQUEIRAS
ANO | KGS | EUROS |
2010 | 187.272.772 | 457.815.565 € |
2011 | 183.453.452 | 474.626.708 € |
2012 | 174.995.144 | 440.467.356 € |
2013 | 163.314.348 | 412.826.396 € |
2014 | 187.068.179 | 431.959.961 € |
2015 | 180.459.160 | 457.945.400 € |
media 5 anos | 177.858.057 | 443.565.164 € |
2016 | 188.456.655 | 491.664.064 € |
2017 | 212.784.506 | 508.672.052 € |
2018 (*) | 155.210.745 | 409.177.049 € |
(*) os datos 2018 son parciais, a 15 de Novembro |
Fonte:pescadegalicia.com
Pola súa banda, a flota pesqueira galega é de máis de catro mil catrocentas embarcacións, onde destaca principalmente a flota de artes menores con case catro mil. No seguinte enlace podes obter o listado actualizado do “rexistro de buques pesqueiros” por modalidades de pesca e caladoiros internacionais, comunitarios ou de aguas do cantábrico e noroeste.