convenios e subvencións

convenios e subvencións
 
Dentro dos convenios económicos de colaboración coas Administracións Públicas para a súa financiación durante o 2022:

- Convenio coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar para financiar os gastos correntes. Importe 96.000 euros destinados a cofinanciar os gastos correntes da entidade durante o exercicio.

- Convenio coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar para financiar inversións para a mellora da competitividade. Importe de 27.000 euros para financiar: inversións de mellora da sede, realización de cursos, estudios e xornadas formativas e divulgativas.

No referente ás subvencións públicas, a Federación presentouse en concorrencia competitiva á Orde da Consellería do Mar do 10 de xuño do 2021 pola que establecen as bases reguladoras xerais e se convocan axudas para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos colectivos financiadas polo FEMP que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas e á sensibilización ambiental. Nesta convocatoria a Federación Galega presentou o “proxecto técnico para a mellora da xestión dos recursos biolóxicos mariños e do seu estado medioambiental 2021-2023” e obtivo unha axuda de 51.306,96 euros cun reparto de 12.826,74 € para a anualidade 2021, 25.633,48 € para a anualidade do 2022 e 12.826,74 para a anualidade 2023.

 

Descargar (PDF, 50KB)

 

Xornada de divulgación do "proxecto técnico para a mellora da co-xestión dos recursos biolóxicos mariños e do seu estado medioambiental 2021-2023”

Descargar (PDF, 117KB)