Proxecto avaliación Polbo 2016

Proxecto avaliación Polbo 2016
 
A Federación Galega de Confrarías e OPAGA están a desenvolver o “PROXECTO de AVALICACIÓN do POLBO 2016” co obxectivo principal de consensuar propostas de futuro e mellora-la xestión desta pesqueira, tan importante para Galicia.

No mes de maio remitiuse unha enquisa ás confrarías para recolle-la opinión do sector da nasa do polbo sobre a organización desta pesqueira, seguindo como guión unha serie de cuestións que foran preguntadas anos anteriores noutros foros e proxectos internacionais dedicados ó polbo. Recibíronse 60 respostas dende 24 confrarías, e as conclusións destas respostas analízanse en 3 reunións zonais para intentar consensuar aqueles temas de máxima importancia e interese xeral a efectos de traballar nas propostas de futuro entre a administración, o sector pesqueiro, e os científicos e representantes da sociedade civil.

As reunións celebráronse na última semana de xuño, antes do final da veda e do reinicio da pesqueira do polbo o 4 de xullo, para garantir a asistencia e participación do sector co seguinte calendario:

Zona Norte: (Ribadeo-Caión), o día 27 de xuño na Confraría de Celeiro
Zona Centro: (Malpica-Rianxo), o día 29 de xuño na sede da Federación Galega en Ames
Zona Sur: (Carril-A Guarda), o día 30 de xuño na sede da Federación de Pontevedra en Arcade

Unha vez analizadas as propostas xurdidas nas reunións zonais e das enquisas, estáse a deseñar a elaboración dun Seminario Final no que se tratará de consensuar as principais propostas a incluir nun futuro plan de xestión plurianual.

Este Seminario celebrarase os días 14 e 15 de outubro en Santiago, mediante a celebración dunha xornada técnica con representantes do sector, das administracións, científicos e ongs, e unha xornada participativa cos representantes das confrarías de pescadores, que tratarán de avaliar en conxunto e acordar cómo deberá ser a xestión da pesqueira do polbo durante os próximos anos.

Enlace a enquisa
Resultado enquisa
Propostas reunións zonais

 
 

Descargar (PPT, 2.72MB)