que facemos

Que facemos
 
As principais funcións da Federación Galega son:

a)  Actuar como órgano de consulta e colaboración coa Administración na defensa e promoción do sector, e en materias de xestión e ordenación pesqueira.
b)  Representa-las federacións e confrarías de pescadores que a integran, naquelas materias obxecto do seu ámbito de actuación.
c)  Xestionar e coordina-los intereses comúns das confrarías.

A Federación Galega presta servicios de tipo administrativo e de información sectorial, así como propostas de normativa e participación en proxectos e órganos consultivos.

As principais tarefas administrativas son as de manter informadas ás confrarías mediante a emisión de circulares (máis de 200 ó ano), a tramitación dos cambios temporais de modalidade (máis de 1.400 ó ano) así como o rexistro de entrada e saída de documentos, cun volumen de máis de 4.000 documentos recibidos e máis de 1.800 emitidos no ano.

A información e tramitación sectorial e normativa ten que ver coa función de actuar cómo órgano de consulta e colaboración coa Administración. Participamos como interlocutor de toda a normativa pesqueira que se tramita nas Administracións Públicas e damos participación ás Confrarías na fase de audiencia pública.