organos de goberno

órganos de goberno
 
Unha vez aprobado e publicado o Decreto 8/2014 que regula ás confrarías de pescadores e ás súas federacións, e segundo o previsto no seu capítulo IX do procedemento electoral, a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar aprobou a Orde do 29 de abril do 2014 pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións.

Logo da renovación dos cargos en tódalas confrarías e federacións provinciais, o día 23 de decembro de 2022 tivo lugar unha sesión extraordinaria na que se celebraron as eleccións ós cargos de Presidente e Vicepresidentes da Federación Galega, recaendo os cargos nas seguintes persoas

 
PRESIDENTE
José Antonio Pérez Sieira
patrón maior de Ribeira, do colectivo de empresarios e representante da provincia de A Coruña
 
VICEPRESIDENTE 1ª
Javier Sánchez Fernández
patrón maior de San Cibrao, do colectivo de traballadores e representante da provincia de Lugo
VICEPRESIDENTE 2º
Yago Tomé Blanco
patrón maior de Raxó, do colectivo de empresarios e representante da provincia de Pontevedra
 
Anteriormente cada Federación Provincial elixiu os 4 representantes de cada unha no COMITÉ EXECUTIVO, onde un ten que ser o presidente e o resto repartense para manter a paridade entre o colectivo de empresarios e traballadores

 
Os 12 membros do COMITÉ EXECUTIVO son:
 
-Pola Federación Provincial de A Coruña:
      Presidente: Daniel Formoso Moledo (empresario) – P.M. Muros
      Adelaida Lestón Mayo (traballadora) – Vice Pª.M. Muros
      Pedro Pérez Martelo (empresario) - P.M. Malpica
      Francisco Charlín Oróns (traballadora) – Vice P.M. Laxe

 
-Pola Federación Provincial de Lugo:
      Presidente: J. Basilio Otero Rodríguez (empresario) – P.M. Burela
      Jorge Couto Otero (traballador) – Vice P.M. Foz
      Javier Martínez Otero (empresario) – P.M. Ribadeo
      Javier Sánchez Fernández (traballador) – P.M. San Cibrao

 
-Pola Federación Provincial de Pontevedra:
      Presidente: José M. Rosa Otero (empresario) – P.M. Bueu
      María del Carmen Vázquez Nores (traballadora) – P.M. Lourizán
      Yago Tomé Blanco (empresario) – P.M.Raxó 
    Juan M. Gregorio Vaqueiro (traballador) – P.M. Aldan