
Inicio / Transparencia / Participación
Na Federación Galega de Confrarías de Pescadores cremos nunha xestión baseada na escoita activa, no diálogo e na colaboración coas confrarías e con todos os axentes do sector.
A experiencia e o coñecemento son fundamentais para defender mellor os intereses do sector e construír xuntos o futuro da pesca en Galicia.

A Federación representa o sector pesqueiro e marisqueiro galego en distintas entidades e organismos. As persoas que nos representan son nomeadas polo Comité Executivo.
Comisións
O número indica as persoas representantes da Federación en cada órgano.
Participación en Europa
Consello Consultivo para as Augas Occidentais Austrais
O CC-Sud reúne representantes do sector pesqueiro de España, Portugal, Francia e Bélxica para manter unha relación directa de colaboración e consulta coa Comisión Europea, á que achega informes e ditames.
A Federación Galega de Confrarías de Pescadores participa neste organismo desde a súa creación, levando a voz da pesca artesanal galega ás decisións que se toman en Europa.
Rúa das Palmeiras, s/n, nave 84 A 2, 15895 O Milladoiro, A Coruña.