XORNADA FEBREIRO 2020

XORNADA FEBREIRO 2020

Xornada técnica sobre convocatorias de axudas para confrarías de pescadores


Con motivo da publicación de diversas ordes de  axudas o venres 14 de febreiro se celebrou unha xornada explicativa na sede da Federación Galega de Confrarías o pasado venres 14 de febreiro (9:45-14:00).

As ordes serán explicadas polos respectivos/as xefes de servizo responsables da tramitación e o cronograma foi o seguinte:

 9:45.- Recepción de participantes e presentación

10:00-11:00 ORDE de 20 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto.  Xefa de Servicio de Xestión de Proxectos, María José Cortés

11:00-11:15 Descanso

11:15-12:15 ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto (Código de procedemento PE209G). Xefe de Servicio de Desenvolvemento Pesqueiro, Roberto Gándara).

 


 

12:15-12:30 Descanso

12:30-13:30 ORDE do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo FEMP, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sostibles mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto. Xefa de Servicio de Desenvolvemento das zonas de pesca, Esperanza Martínez