Debatidas novas propostas para un plan de xestión plurianual.
Os días 14 e 15 de outubro celebrouse en Santiago o Seminario Final do proxecto do POLBO 2016, traballo elaborado nos últimos meses pola Federación Galega de Confrarías en colaboración con OPAGA.
Na xornada técnica do día 14 participaron uns 45 asistentes entre científicos, ongs, responsables políticos e sectoriais das Comunidades Autónomas do Cantábrico, Andalucía e Portugal. En primeiro lugar fíxose unha descripción do coñecemento existente a nivel científico e técnico en cuestións biolóxicas, na evaluación das pesqueiras e nos aspectos socioeconómicos. Logo fíxose un análise da xestión que se realiza en cada unha das zonas participantes: Galicia, Asturias, Cantabria, Andalucía e Portugal.
A xornada do día 15 contou cunha asistencia de máis de 90 persoas ó unirse os representantes das Confrarías de Pescadores de Galicia con interese na flota do polbo con nasas. A sesión iniciouse cunha presentación dos resultados obtidos no “Proxecto de Evaluación da pesqueira do polbo en Galicia” nas enquisas contestadas pola flota e nas 3 reunións zonais celebradas durante os últimos 6 meses e continuou cun informe da xornada técnica elaborada no día anterior sobre temas biolóxicos, socioeconómicos e de xestión.
Das principais propostas que xurdiron nos 3 talleres participativos que se realizaron, podemos destacar as seguintes:
Taller 1 sobre coñecemento biolóxico e ecolóxico da pesqueira, seguimento do plan e comunicación interna:
1.1.- necesidade dun estudio da efectividade das vedas actuáis, e sobre a vida útil do polbo,
1.2- necesidade de compartir os datos recompilados pola UTPB para a pesqueira do polbo nos últimos anos e mellorar canles de divulgación,
1.3.- mellorar o funcionamento da Comisión de seguimento,
Taller 2 sobre gobernanza, toma de decisións, control e vixilancia dentro do plan:
2.1.- establecemento dun novo órgano de xestión baseado nun modelo de co-gobernanza,
2.2.- establecemento duns criterios de evaluación do plan con indicadores de seguimento,
2.3.- basear a eficacia do sistema de vixilancia no consenso e na participación activa das medidas de control,
Taller 3 sobre aspectos socioeconómicos e comercialización:
3.1.- deseñar unha estratexia de comercialización sobre o polbo para mellorar a concienciación, reducir a economía sumerxida, …
3.2.- crear unha comisión de comercialización para poder logar acordos a nivel galego, estudiar a efectividade de establecer precios mínimos,
3.2.- buscar novas fórmulas de comercialización,
No seguinte enlace podes atopar o informe con tódalas propostas xurdidas nos tres espazos de traballo, coa fin de conseguir un novo plan de xestión plurianual para o polbo en Galicia.
Accede ás presentacións do seminario no seguinte enlace: presentacións seminario polbo