Éxito de organización do 1º Congreso de mulleres da pesca

Éxito de organización do 1º Congreso de mulleres da pesca

A Federación Galega organizou o 1º Congreso de mulleres nos órganos de goberno das confrarías á que asistiron unhas 125 mulleres.

“Rotundo éxito¡¡¡” foi a palabra máis oida das mulleres participantes no 1º Congreso de mulleres da pesca, celebrado en Santiago o día 28 de xuño baixo a organización da Federación Galega de Confrarías e o patrocinio do “Instituto de la Mujer y para la Igualdad”, entidad dependente do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

O principal obxectivo perseguido coa celebración deste congreso é o de dar unha maior visibilidade ó papel das mulleres nos órganos de goberno das confrarías de pescadores, valorando a súa esencial aportación económica e social, e incrementar a súa presenza e participación nos órganos de goberno.
A xornada estivo dividida en tres bloques:

        1-REFLEXIÓN sobre a situación da muller e os seus retos de futuro para avanzar na Igualdade efectiva. Celebrouse unha mesa redonda na que participaron mulleres pertencentes ás confrarías de pescadores de Galicia: unha patroa maior (Mª Josefa Crespo de Miño por ser a de máis antigüedade no cargo), unha técnica de xestión (Marita Sestelo con experiencia en confrarías, en asociación profesionais e traballaora da Federación Galega), unha asistencia técnica (Liliana Solis, bióloga da confraría de Noia, a de maior nº de mariscadoras de Galicia con máis de 500), e unha mariñeira tripulante e socia dunha embarcación de artes menores (Carmen Abad)

        2-COMPARTIR experiencias de éxito e superación. Mulleres doutros sectores produtivos e económicos narrarron as súas experiencias: Jerónima Bonafé (presidenta das Cooperativas Agro-alimentarias de Baleares e presidenta da Asociación de Mujeres de cooperativas agro-alimentarias de España), Espe Abuín (periodista da Voz de Galicia), Ana Corredoira (emprendedora, bióloga e gandeira adicada a produtos ecolóxicos), e Mónica Castro (xefa do Servizo de formación da Academia Galega de Seguridade). Tamén se desenvolveu un caso práctico de políticas de Igualdade, o das cooperativas agro-alimentarias de España, que expuxo Carmen Martínez, responsable de Igualdad.

        3-TALLERES sobre habilidades directivas e de comunicación. Este último bloque contou con dous talleres: un de “habilidades directivas” baseado nas “fortalezas personais e relacións positivas” que desenvolveu a abogada e profesora Belén Varela; e un sobre a “comunicación, as emocións e as actitudes de liderazgo” do profesor, blogueiro e comunicador Javier Cebreiros.

A Federación Galega de Confrarías agrupa ás 63 confrarías galegas, que contan en total con 15.498 afiliados, dos que 4.496 son mulleres (un 29% do total). No seu conxunto, na actualidade 239 mulleres están nos órganos de goberno das confrarías: 121 son vocais das xuntas xerais, outras 78 son tamén vocais dos cabildos, outras 9 vicepatroas segundas, 17 vicepatroas primeiras e º14 patroas maiores. Estas 31 últimas (patroas e vicepatroas primeiras) son membros da xunta xeral da Federación Galega, e representan xa máis do 24% do total dos 126 membros do censo da entidade.

Tríptico, Galería, Videos e Prensa:

Descargar (PDF, 2.27MB)

Telexornal TVG (a partir do minuto 41:50)

Telediario Territorial TVE (a partir do minuto 15:30)

Descargar (PDF, 1.08MB)

Descargar (PDF, 377KB)