FORMACIÓN A CONFRARÍAS SOBRE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

FORMACIÓN A CONFRARÍAS SOBRE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

As modificacións da Lei de procedemento administrativo centraron a xornada.

Responsables administrativos e secretarios dunhas 50 confrarías asistiron o martes 13 de decembro a unha xornada formativa que se celebrou na Federación Galega sobre as modificacións da Lei de procedemento administrativo e as novas repercusións sobre a administración electrónica.

A sesión formativa celebrouse gracias á financiación da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. A propia Directora Xeral, Susana Rodríguez Carballo inaugurou a xornada e animou ós presentes a resolver as dúbidas xurdidas coa entrada en vigor destas modificacións.

A xornada estivo dividida en dous bloques, un teórico sobre as principais novidades administrativas da Ley 39/2015, impartido por Leo Villar, responsable de dereito administrativo do despacho de Ramón Sabín Abogados onde se falou sobre o alcance e contidos da nova obriga de relacionarse coas administracións públicas utilizando os medios electrónicos, os suxeitos obrigados, os efectos da comunicación e notificación, …

O segundo bloque foi práctico, impartido por Sabela Pillado, técnica do AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para ver o funcionamento dos rexistros electrónicos, a notificación e expediente electrónico mediante a presentación de casos prácticos a través da web para aclarar as dúbidas ós participantes.

Adxúntase á presente a presentación completa