REUNIÓNS DA XUNTA XERAL

REUNIÓNS DA XUNTA XERAL

Acordos da reunión ordinaria do 19 novembro

Nesta sesión foi aprobado o Orzamento Xeral da Federación Galega para o exercicio económico 2017, que agora se pon a exposición pública durante o prazo legal de 20 días.

Nos “asuntos sectoriais” deuse conta das queixas presentadas á SEGEPESCA polo seu proceder nos peches sen información de consumos, pola falta de resposta á petición de reapertura da raia, e polo mal funcionamento na xestión de varias pesqueiras.

En “asuntos varios” fíxose balance dos principais eventos organizados pola FG no 2016: Congreso da muller nos órganos de goberno das confrarías, Talleres de comercialización, Xornada sociolaboral, Talleres e Mesa galega de prevención, e Proxecto de avaliación do polbo coa celebración do Seminario Final.

Tamén se deu conta da próxima celebración de dúas xornadas: unha técnica sobre as repercusións e novidades da modificación da Ley estatal de procedemento administrativo, así como dunha xornada informativo con técnicos da SEGEPESCA sobre a norma de Obligación desembarque (eliminación de descartes) que terá lugar o vindeiro 10 de decembro.

Descargar (PDF, 416KB)

 
 
 
ACORDOS Reunións Anteriores
 
ACORDOS da XUNTA XERAL ordinaria do 18 xuño 2016.

O sábado 18 de xuño celebrouse a Xunta Xeral Ordinaria da FG na que, entre outros, se nomeou o Vicepresidente 2º da entidade a Juan José Rial Millán (Patrón Maior de A Illa), representante do colectivo de empresarios pola provincia de Pontevedra.

Os acordos centrais da xunta foron a aprobación do Informe de Xestión e as Contas Anuais do exercicio 2015, formuladas no último Comité Executivo.

Outro asunto destacado foi a presentación do “Proxecto de Avaliación do Polbo 2016”, proxecto a executar pola FG en colaboración con OPAGA, no que actualmente se están analizando as respostas recibidas mediante as enquisas remitidas desde o sector pesqueiro a través das Confrarías.

Por último, deuse conta que o “Instituto de la Mujer y para la Igualdad” pertencente ó Ministerio de Sanidad, Servicios Sociais e Igualdad, adxudicounos a organización dun congreso para visibilizar o papel da muller nas organizacións pesqueiras, especialmente nos órganos de goberno das confrarías de pescadores, que se celebrará o 28 de xuño en Santiago.