confrarias

Confrarías
 

A Federación Galega de Confrarías é unha corporación de dereito público constituída no ano 2004 que aglutina ás 3 federacións provinciais e a 63 confrarías de pescadores de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Foi creada mediante o Decreto 254/2004, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de outubro de 2004, e está inscrita no rexistro de confrarías e as súas federacións no folio 4 do libro de federacións.
 
A Federación Galega ten como obxectivo, entre outros, a coordinación, xestión e representación dos intereses económicos e sociais comúns das Federacións Provinciais e as Confrarías que a integran. Entre as súas funcións principais destacan, entre outras:

a)  actuar como órgano de consulta e colaboración coa Administración na defensa e promoción do sector, e en materia de xestión e ordenación pesqueira.
b)  representa-las federacións e confrarías de pescadores que a integran, naquelas materias obxecto do seu ámbito de actuación.
c)  xestionar e coordina-los intereses comúns das confrarías.
d)  ostenta-la representación dos intereses pesqueiro e marisqueiro comúns das confrarías e federacións

Ó igual que nas confrarías, nos seus órganos de goberno existirá sempre paridade entre o colectivo de empresarios e o de traballadores. Na actualidade as confrarías galegas teñen 12.734 afiliados, dos que 4.312 son empresarios e 8.422 traballadores. Os datos máis relevantes son:

-  Das 4.312 empresas, o 86,69% son persoas físicas (3.738), o 5,29% xurídicas e o 8,02% son CB ou cooperativas.
-  Por colectivos destaca o 41,05% de marisqueo a flote, o 33,09% de artes menores, o 7,24% de recursos específicos e o 12,62% de outros (bateas, parques cultivos, ...)
-  Das 3.738 empresas persoas físicas, o 88,58% son homes e o 11,42% son mulleres
-  Dos 8.422 traballadores, destacan os 3.212 mariscadores a pé (38,14%)
-  Dos traballadores, 4.851 (57,60%) son homes e 3.571 mulleres (42,20%)