Inicio / A Federación / Benvida

Benvida

A Federación

Benvida a Federación Galega de Confrarías de Pescadores

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores creouse para defender os intereses de todos os profesionais da pesca artesanal e do marisqueo co obxectivo de coordinar, xestionar e representar os intereses económicos e sociais do sector pesqueiro-marisqueiro de Galicia.

Representamos, defendemos e apoiamos ás confrarías galegas e ás súas federacións provinciais loitando polo desenvolvemento sostible e o mantemento das comunidades pesqueiras.

Salón de actos da Federación Galega de Confrarías de PescadoresEscultura dun banco de peixes no vestíbulo da sede da Federación

O mar, a nosa razón de ser

Traballamos unidos para defender o presente e garantir o futuro do sector pesqueiro artesanal galego, co mar como guía e as persoas como prioridade.

Bandeiras de España, Galicia e Europa no salón de actos da Federación

Representación

Representamos ás confrarías e as súas federacións provinciais ante as administracións e institucións.

Percebeiros traballando nas rochas mentres rompen as ondas

Defensa do sector

Defendemos os intereses do sector pesqueiro artesanal e a súa actividade.

Mariscadoras a pé traballando na baixamar

Futuro sostible

Promovemos prácticas responsables e un desenvolvemento sostible do noso litoral.

Mariscadoras e mariscadores a pé traballando na baixamar

Unha organización ao servizo das confrarías

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores é unha corporación de dereito público que integra ás confrarías galegas a través das súas federacións provinciais para a defensa común dos seus intereses profesionais, sociais e económicos.

Ofrecemos información, formación, asesoramento e acompañamento en xestións, proxectos e iniciativas que melloran a actividade diaria das confrarías e fortalecen o tecido socioeconómico do noso litoral.

Apoiamos o relevo xeracional, a innovación, a comercialización responsable e a conservación dos recursos mariños como base dun futuro próspero para as nosas comunidades.

Coñece a federación

Colaboradores

SABIN AbogadosCentro de Formación PraxisSaecdataABANCAMarSeguroDYD Group
Resumen de privacidad

Esta web utiliza únicamente cookies técnicas, necesarias para que funcione correctamente y para recordar tus preferencias de cookies. No utilizamos cookies de análisis estadístico ni publicitarias.

Los vídeos de YouTube se cargan en modo de privacidad mejorada y el formulario de contacto está protegido con Google reCAPTCHA; estos servicios pueden instalar sus propias cookies cuando los utilizas.