O Sector

O Sector
 
A dimensión socioeconómica da pesca e da acuicultura é moi importante en Galicia. Si temos en conta ademáis á transformación e á comercialización, podemos considerar que da emprego a case 38.000 persoas xerando uns 4.700 Millóns € en toda a economía.
 
Temos unha flota operativa de case 4.500 embarcacións nas que unhas 12.500 persoas fan tarefas extractivas. Nas lonxas pesqueiras galegas descárgase unha media anual de 180 millóns de kgs de peixe e marisco fresco que xeran na súa primeira venta unha facturación superior ós 440 millóns de euros. Estas descargas representan máis dun 40% de España, e un 15% de toda a Unión Europea.
 
A acuicultura da emprego a case 6.500 persoas onde destacan as 3.300 bateas instaladas. A súa facturación supera os 170 millóns de euros e a produción supera as 246.000 Tn.
 
Nun recente estudio do IGE considérase que a actividade da pesca extractiva, o marisqueo e a acuicultura, así como a conserva e o conxelado (sen ter en conta a comercialización) xera máis dun 2,1% do PIB galego e da emprego a máis de 30.000 persoas. Hai concellos onde a dependencia social da actividade pesqueira é especialmente importante cun % moi alto do seu PIB como en Ribeira, Camariñas, A Pobra, Burela, Catoira ou Xove, onde sustenta máis dun 20%.