Esta unidade didáctica foi elaborada para achegar a todos os nenos e nenas galegas do mundo do noso mar.
A finalidade é espertar unha actitude positiva e de valoración dos recursos mariños, de cara a un mellor coñecemento, aprecio e conservación do medio.
"A pesca e o marisqueo galegos están baseados nos métodos tradicionais de pesca e polo tanto catalogados de pesca artesanal na súa totalidade, esa é a razón da importancia da loita contra a contaminación costeira.
Da pesca e do marisqueo viven en Galicia 20.000 persoas divididas case en partes iguais.
Toda a pesca de baixura e o marisqueo esta integrado nas 62 Confrarías de Galicia que veñen a ser outros tantos enclaves de Comunidades Pesqueiras como unidades social e economicamente ben definidas ao rededor da Confraría e a súa Lonxa."
spot "PORTOS DE GALICIA"
En Galicia existen 62 Confrarías de Pescadores que son outras tantas Comunidades Pesqueiras onde se levan adiante proxectos para desenvolver programas de interese para o sector e que teñen que ver: Coa sostenibilidade da pesca e a Biodiversidade Mariña.O control e a Seguridade Marítima.
Integración da xuventude na pesca.
Promoción da muller no sector. Renovación tecnolóxica do sector, aforro enerxético.