volver a lista de peixes
   
  AMEIXA BABOSA Venerupis pullastra ( Montagu, 1803 )  
    Morfoloxia  
 

A cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ao seu borde. Os sifóns da ameixa babosa están unidos en toda a súa lonxitude, sendo precisamente esta característica a que nos permite diferencialas doutra clase de ameixas.

 
    Talla Mínima: 38 mm.  
    Ambiente  
 

É sedimentívora, máis delicada que outras ameixas, pequenas variacións de temperatura e de salinidade poden provocar a súa morte. Vive enterrada en zonas pouco ou nada pedregosas na zona intermareal.

 
    Pesca  
 

Debido a súa distribución no litoral, péscanse con raño desde pequenas embarcacións ou, en menor medida, a pé firme con sacho.

 
    Outros nomes:  
  Ameixa macho, ameixa branca  
       
     

sitemap