cc-sud

CC-Sud

O Consello Consultivo de Augas do Atlántico Sudoeste (CC-Sud) é un órgano consultivo da Comisión Europea onde, a nivel supra-rexional, os sectores vinculados coa pesca e a acuicultura están representados e organizados para manter unha relación directa de colaboración e consulta coa Comisión, emitindo informes e dictames para a DG-Mare. Participan representantes de España, Portugal, Francia e Bélgica.

A Federación Galega participa desde a creación deste organismo, ostentou a presidencia do Grupo de Traballo de Pesqueiras Tradicionais e actualmente participa activamente no mesmo. Tamén participamos noutros grupos de traballo como o de especies peláxicas, o da zona VIII-IX, e outros talleres creados ad-hoc para debate e estudio de temas de interese, como a obligación de desembarque (descartes).

 -Na sesión de outubro de 2019 a Federación Galega de Confrarías defedeu a necesidade de contar cun ditame do Comité Executivo do CCsud que apoiase a petición de revisión do índice de chumbo por parte da Autoridade Europea de Seguridade alimentaria ( EFSA) exclusicamente para o “reloxito”.

http://www.cc-sud.eu/index.php/es/