A Federación Galega de Confrarías
de Pescadores nace da necesidade de contar
con unha sola voz capaz de defender os intereses
de tódolos profesionais da pesca artesanal
e do marisqueo en Galicia, apostando por unha explotación
racional dos recursos pesqueiros e marisqueiros
e pretendendo ser a verdadeira interlocutora das
Confrarías e Federacións nela integradas
coas Administracións Estatal e Autonómica,
tratando de implantar estratexias de futuro para
manter a capacidade e o esforzo pesqueiro co obxecto
de acadar un desenvolvemento sostible dos recursos.
Foi fundada en Novembro do ano 2004 ó abeiro
do art. 12º da lei 9/1993, do 8 de xullo, de
Confrarías de Pescadores de Galicia
e do Decreto 261/2002, de 30 de xullo, polo que
se aproban as normas reguladoras das confrarías
de Pescadores e as súas Federacións.
A Federación ten o carácter
de corporación de Dereito Público,
sen animo de lucro, dotada de capacidade xurídica
e plena capacidade de obrar para actuar no marco
territorial que lle é propio, sen que elo
supoña unha perda da propia personalidade
por parte das tres Federacións Provinciais
que a integran.
O obxecto da Federación Galega de
Confrarías de Pescadores é
a coordinación, xestión e representación
dos intereses económicos e sociais do sector
pesqueiro-marisqueiro de Galicia, e esta composta
polas 3 Federacións Provinciais e as 62 Confrarías
de Pescadores Galegas o que é igual a 20.000
profesionais da pesca de baixura e do marisqueo
. O proceso de constitución dunha entidade
como esta supuxo un pulo de importantes consideracións
para un sector tan imprescindible na economía
galega como é o da pesca artesanal e o marisqueo.