A historia de Galicia non se entende se non se relaciona coa pesca, e a pesca non sería o mesmo se non fora polos galegos ao redor dos mares. A nosa comunidade ten nas súas rías unha das costas máis produtivas do mundo na que o ser humano a través dos séculos foi capaz de explotar e, a día de hoxe, en maior cantidade pero co cumprimento da normativa (tallas mínimas para a súa pesca, distintas cotas de recolleita de peixes e mariscos...) e de maneira máis racional.
A continuación, verás unha guía das principais especies explotables na nosa costa, indicando a súa morfoloxía, o seu hábitat, a talla mínima para pescalo e as artes de como se capturan estas especies.