AVISO LEGAL
 
   
 
       

CARTEL

 

A situación da prevención de riscos laborais no sector da Pesca de Baixura e do Marisqueo é algo no que o sector ten unha importante materia pendente. As estatísticas amósanse certamente negativas e, sobre todo, nos accidentes que derivan en moi graves consecuencias e incluso en moitos casos en mortes no mar. As circunstancias de traballo nun medio inestable, pero tamén as propias tarefas de pesca levan unha serie de riscos que precisan dunha especialización e dun tratamento específico no marco dos riscos laborais.

            Conscientes desta situación o sector da pesca por medio da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e a propia Administración Autónoma  de Galicia da man das Consellerías de Pesca e de Traballo, teñen como obxectivo común a creación dun entorno capaz de crear as sinerxías suficientes para atallar o grande numero de accidentes que ocorren no sector da pesca e o marisqueo.

            Xa en anos precedentes se levaron adiante proxectos de colaboración no terreo da formación ao programarse accións como cursos de Prevención de riscos Laborais nas confrarías de pescadoras do litoral galego, a constitución  nalgunha federación provincial dun servicio mancomunado de Prevención de riscos ou finalmente a colaboración na consecución do denominado Plan Vixía onde as federacións de confrarías e as Consellerías traballaron conxuntamente.

            Cando unha colaboración resulta eficaz , entre o sector profesional e a administración, se crean as condicións para que se poida subir de nivel, e neste momento se trata de organizar unha cita na que a temática sexa, de maneira expresa a Prevención e a Seguridade na pesca de Baixura, nos oficios que teñen futuro sustentable en canto ao respecto ao medio ambiente por exemplo e, sen embargo se ten que profundar máis nas condicións de traballo como poden ser medidas sociais tales como os coeficientes reductores da idade de xubilación, a catalogación de traballo perigoso e as identificacións das enfermidades profesionais por un lado e por outro a aplicación das medidas de prevención que noutros sectores productivos teñen axudado a reducir de forma significativa os balances negativos das estatísticas.

            No sentido arriba indicado a cita consistirá na organización dun gran evento, en concreto na celebración do CONGRESO INTERNACIONAL DE PREVENCION E SEGURIDADE NA PESCA DE BAIXURA que se celebrará na súa primeira edición o vindeiros 8 e 9 de outubro. O carácter internacional ven dado porque se quere profundar na situación en todo o Arco Atlántico (Francia, País Vasco, Cantabria, Asturias, Portugal, Azores, Madeira e Canarias) onde existe unha flota de baixura de similares características e problemáticas que poderían intercambiar experiencias, situacións, normativas, medidas preventivas, organización da política de prevención nas respectivas organizacións etc.

   
 

FEDERACION GALEGA DE CONFRARIAS DE PESCADORES
Rúa Palmeiras nave 84 - A1 - Pol. Ind. Novo Milladoiro - 15895 ( Ames ) - A Coruña
tlf . 981 941 775 fax: 981 941 756- www.confrariasgalicia.org

 
inicio correo 981941775

sitemap